CRTVG

Buscar

Condenado a dous anos de cadea por causar cinco incendios en Maceda

Publicado o 23/05/2019 12:05

O acusado foi condenado a dous anos de cárcere pero non entrará en prisión despois da vista de conformidade celebrada esta mañá na Audiencia Provincial ourensá. En primeira instancia foi imputado por ata vinte pequenos incendios en Maceda no verán de 2017 pero despois a Fiscalía reduciuno a 9.

A Garda Civil sorprendérao prendendo un deles cun chisqueiro. Hoxe acordou coa defensa quitarlle outros 4 máis e condenalo como responsable de 5 incendios intencionados, que non causaron grandes danos por ser rapidamente extinguidos.

O acusado ten problemas de alcolismo, depresión e mesmo tentou suicidarse dúas veces nos últimos anos, unha vez antes dos feitos e outra pouco despois. Finalmente, non entrará en prisión e a multa económica baixa tamén de 6.800 euros a 1500.

Noticias web

23/05/2019