CRTVG

Buscar

Condenado a 15 meses de prisión o condutor que atropelou un ciclista en Baiona en novembro de 2017

Publicado o 08/08/2019 12:28

Condenado a 15 meses de prisión o condutor que atropelou un ciclista en Baiona en novembro de 2017.

Ademais, o Xulgado do Penal número 3 de Vigo impúxolle a retirada do carné de conducir durante tres anos. A pena de prisión quedaría suspendida no caso de que non volvera delinquir en dous anos. O tribunal considera que o home cruzou sorpresivamente a vía co seu vehículo con temeridade manifesta despois de recriminarlle á vítima que non fixera uso do carril bici. Fíxoo, ademais, consciente do perigo para a integridade do ciclista. O vehículo acabou impactando coa bicicleta, e o ciclista estivo ingresado 32 días como consecuencia das feridas que sufriu.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019