CRTVG

Buscar

Condenado a 12 anos un home que abusou da súa filla a diario en Lleida

Publicado o 03/04/2019 18:45

Un home de 51 anos foi condenado a 12 anos de prisión por abusar sexualmente da súa filla durante seis anos seguidos. O home foi a xuízo na Audiencia Provincial de Lleida e aceptou a condena, aínda que inicialmente a Fiscalía pedía para el 15 anos. A rebaixa de 3 anos é porque considera que non houbo violencia nos abusos.

A moza ten agora 19 anos e denunciou cando fixo os 18. O pai abusaba dela case a diario coa presenza na vivenda incluso da nai. A menor chegou a quedar embarazda aos 14 anos, pero abortou.

Noticias web

03/04/2019