CRTVG

Buscar

Condenado a 12 anos de prisión por intentar violar a súa filla de 13 meses

Publicado o 13/09/2017 21:11

A Audiencia Provincial da Coruña acaba que condenar a doce anos de cadea un veciño de Sada que intentou violar a súa filla de 13 meses e ao que lle incautaron no seu teléfono móbil máis de 800 imaxes de menores espidos e vídeos de contido sexual.

O tribunal ordena na sentenza a toma de mostras biolóxicas do acusado e a realización de análises para obter o seu ADN e rexistralo na base de datos policial polo risco de reincidencia que ten. Ademais, impuxéronlle a perda da patria potestade, unha orde de afastamento da súa filla e 14 anos de liberdade vixiada cando saia de prisión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017