CRTVG

Buscar

Condenada por cortarlle o pene e os testículos á súa parella

Publicado o 27/09/2019 08:22

Na Arxentina, unha muller foi condenada a 13 anos de cárcere culpable dun delito de tentativa de homicidio con aleivosía. Trátase de Brenda Barattini, de 28 anos. Cunhas tesoiras de podar, cortoulle o pene e os testículos á súa parella, un mozo ao que ela acusou de exhibir vídeos de carácter sexual.

A fiscalía considerou que a súa intención era rematar coa vida do home e o xurado resolveu de xeito unánime. A defensa apelará, argumentando que é unha pena desorbitada e mantendo a tese de lesións graves con aleivosía, afirmando que nunca quixo matalo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2019