CRTVG

Buscar

Condenada a traballos sociais a parella que se agrediu ante 6 menores en Vigo

Publicado o 10/09/2019 12:05

A muller que acoitelou o seu mozo en Vigo tras ser agredida por el foi condenada a traballos en beneficio da comunidade. O home tamén cumprirá a mesma pena. Aceptaron a condena como autores dun delito de lesións no ámbito da violencia de xénero. Ambos os dous terán a mesma pena: 46 días de traballos sociais, a prohibición de achegarse ao outro membro da parella durante 16 meses, e a privación do dereito á tenza de armas.

A muller acoitelara o home nunha perna e nun brazo, despois de que este a losqueara e a golpeara. O suceso fora presenciado por 6 nenos que estaban no domicilio.

O xulgado xa puxo o caso en coñecemento de Protección de Menores.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019