CRTVG

Buscar

Condenada a pagar unha multa de 240 por darlle unha labazada ao seu fillo en plena rúa

Publicado o 19/11/2020 18:41
Condenada a pagar unha multa de 240 por darlle unha labazada ao seu fillo en plena rúa

Unha nai de Pontevedra terá que pagar unha multa de 240 euros por darlle unha labazada en plena rúa ao seu fillo de 12 anos. Tamén terá que indeminzar o rapaz con outros 90 euros.

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenouna por un delito leve de lesións. A nai encontrouse co neno no centro de Pontevedra, horas despois de que lle suspenderan o réxime de visitas, e deulle unha labazada que fixo que lle caeran as lentes. O pai do menor foi quen denunciou a agresión.

Noticias web

19/11/2020