CRTVG

Buscar

Condena unánime do crime machista de Fuenlabrada

Publicado o 27/02/2020 20:29

En Fuenlabrada sucédense as mostras de condena do crime machista que acabou coa vida de Manuela, unha galega de Mazaricos de 75 anos.

Unha desas concentracións contou coa presenza do ex-presidente Zapatero, que acudiu á localidade para participar nun acto. Os veciños viven o primeiro día dos dous decretados polo alcalde.

Políticos e cidadáns mostraron a súa solidariedade coa muller asasinada. O agresor, que se autolesionou, segue ingresado no hospital en estado grave pero estable.

Noticias web

27/02/2020