CRTVG

Buscar

Condena por sedición e malversación para os líderes do "procés"

Publicado o 12/10/2019 10:04

• Varios medios adiantan a condena citando fontes do Tribunal Supremo | Darase a coñecer este luns co cadro de penas de prisión para cada un dos encausados

Varios medios, citando fontes do Tribunal Supremo, adiantan: haberá condena por sedición e malversacion para os líderes do "procés".A sentenza, adoptada por unanimidade, estima que se ben houbo violencia en momentos puntuais durante o golpe separatista, esta non tivo entidade dabondo como para poder condenar por rebelión. Segundo o filtrado por fontes do Supremo a diversos medios, estiman que houbo un delito contra a orde pública, pero non contra a orde constitucional.

A sentenza, que se dará a coñecer este luns, xa co cadro de penas de prisión para cada un dos líderes independentistas, incluiría tamen unha condena por malversación para o ex-vicepresidente Oriol Junqueras e os ex-conselleiros que están presos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí