CRTVG

Buscar

Condena da morte por violencia machista en Xaén

Publicado o 19/08/2019 13:50

Concentración silenciosa en Xaén para amosar o rexeitamento ao último crime por violencia machista. A Policía detivo un home, que confesou o crime, por asasinar a súa muller a golpes cunha barra de ferro. É a vítima número 40 no que vai de ano en todo o Estado. Andalucía é a comunidade con máis mulleres falecidas por violencia machista.

 A cor violeta volveu as rúas. Esta vez foi en Xaén para condenar o asasinato de Dolores de 73 anos. Son 40 vítmas en total en España no que vai de ano. Andalucía é a rexión que máis vítimas mortais rexistrou en todo o país. Xa son 9 as mulleres asasinadas alí. É a primeira muller asasinada desta provincia en 2019.

A Policía Nacional detivo en Xaén ao seu home duns 75 anos, que confesou matar á súa muller. A parella estaba en trámites de separación. Á espera do que determine a autopsia, a morte produciuse porque lle bateu cunha panca de ferro repetidas veces. O detido pasará mañá a disposición xudicial despois de que o Xulgado inhibiuse en favor do de Violencia de Xénero. Foi unha das fillas a que chamou a Policía dicinto que súa nai fora asasinada e que descoñecía onde estaba o seu pai. Cando chegou a patrulla atopou a vítima tendida no chan e nun cuarto contiguo pechado atoparon ao asasino en roupa interior e desorientado. O teléfono de atención ás vítimas é o 016. Funciona as 24 horas do día. Non deixa pegada na factura, aínda que si é preciso borralo do rexistro de chamadas.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019