CRTVG

Buscar

Conde: "Xa temos 120 empresas que están investindo en tecnoloxías 4.0"

Publicado o 23/04/2019 19:29

Os principais clústeres de sectores estratéxicos da economía galega foron recoñecidos na terceira edición dos Premios Industria 4.0. Este certame quere impulsar a innovación nos procesos produtivos das empresas para facelas máis competitivas e eficientes.

A robotización de distintas fases da produción, o uso da intelixencia artificial ou o big data como instrumento de axuda na toma de decisións forman parte da maioría dos proxectos premiados.

Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria: "Xa temos 120 empresas que están investindo en tecnoloxías 4.0, mobilizando máis de 25 millóns de euros neste tipo de tecnoloxías que están permitindo a incorporación de novas tecnoloxías e, sobre todo, tamén están permitindo apostar polo talento".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/04/2019