CRTVG

Buscar

Conde urxe medidas concretas para cambiar a poxa da enerxía

Publicado o 10/12/2019 14:56

O conselleiro de Industria urxe medidas concretas ao Goberno central. Pide cambios na poxa da enerxía. Di que, tal e como está, supón a antesala do peche de Alcoa San Cibrao.

Francisco Conde di que "Alcoa xa adiantou unha redución da súa produción. E, polo tanto, se non hai esa resposta por parte do Goberno, a poxa tal e como está formulada, sería a antesala dun peche que nós, desde a Xunta de Galicia, non podemos aceptar e, polo tanto, seguiremos traballando para que haxa esa rectificación".

 

 

Noticias web

10/12/2019