Conde lamenta que o estatuto electrointensivo chegue "tarde e sen consenso"
Publicado o 15/12/2020 15:02
O conselleiro de Economía agarda coñecer polo miúdo o contido dese estatuto. Francisco Conde lamenta que chegue tarde e sen consenso: "As comunidades autónomas que temos trasladado propostas concretas non temos ningún tipo de resposta e, polo tanto, non coñecemos o alcance real que ten este estatuto. Agardamos que o goberno poida correxir esta situación e tome medidas que realmente sexan efectivas e dean unha resposta en termos de competitividade", dixo Conde.