Conde enxalza a innovación de Finsa durante a súa visita á fábrica de San Cibrao das Viñas
Publicado o 04/08/2021 15:32
Francisco Conde visitou a fábrica de Finsa en San Cibrao das Viñas e puxo en valor os novos proxectos da empresa en innovación. Dixo que é un referente no desenvolvemento de novas tecnoloxías e que esa é a maior garantía de mantemento do emprego.
O Grupo Finsa pechou 2020, ano da pandemia, cuns beneficios de 45 millóns. Tivo unha caída nas vendas, dun 9 %, pero compensárono con recorte dos gastos.