Conde di que o debate na mesa de Ence ten que centrarse en modificar a Lei de cambio climático
Publicado o 26/03/2021 13:42
Desde a Xunta pidenlle ao Goberno que convoque canto antes a mesa de Ence cun obxectivo: o mantemento da industria na ría de Pontevedra.
O vicepresidente Francisco Conde di que o debate debe centrarse na modificación da Lei do cambio climático: "Evitar que Ence peche e polo tanto que se poida retirar ese artigo 18.
Calquera outro escenario significaría convocar a Mesa de Ence simplemente para falar de traslado e iso non vai ocorrer, non é realista. Polo tanto, o que non imos é acudir a unha mesa para certificar o peche de Ence".