Conde destaca o labor formativo da Fundación Belarmino Fernández
Publicado o 17/03/2021 15:32
A formación como eixe de impuslo no ámbito rural. Así se referiu o conselleiro de Economía as iniciativas que se poñen en marcha na fundación Belarmino Fernández de Sober. Un espazo onde se forman os profesionais da hostalería dende hai máis de vinte anos.
Francisco Conde subliñou a importancia de contar con persoas preparadas nunha contorna rural como é a da Ribeira Sacra para ofrecer servizos de calidade que permitan fixar poboación e máis agora que se entra na fase final da candidatura deste espazo para ser Patrimonio da Humanidade.