Conde confía na vontade de acordo de Alcoa para a venda da planta de aluminio
Publicado o 05/02/2021 13:52
Hai satisfacción na Consellería de Industria porque Alcoa volve negociar coa SEPI a venda da planta de San Cibrao.
Os sindicatos cren que desta volta pode haber unha solución para seguir fabricando aluminio. O vicepresidente económico confía na vontade de Alcoa de chegar a un acordo para que se manteñan os postos de traballo.