CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Concurso de receitas con castaña de Galicia

Publicado o 04/07/2017 20:56




No concello coruñés de Cambre celebrouse esta tarde a final do concurso de receitas feitas con castaña de Galicia. O certame nace hai sete anos para promover este produto de calidade, versátil na mesa e apto para ser consumido en calquera temporada do ano, tamén en pleno mes de xullo.

Seis finalistas, escollidos dun total de 50 participantes de toda España, afrontan o desafío de cociñar pratos con talento e creatividade e cun ingrediente en común: a castaña de Galicia. Hai receitas doces e salgadas como este arroz que combina a castaña con alcachofas e algas.



Empregan castaña en fariña, en conserva, conxelada. Os estudantes de hostalería como futuros profesionais do sector tamén teñen o seu propio apartado dentro do concurso 'Cociña con castaña de Galicia', que naceu hai sete anos da man do Concello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida.



Tres serán os galardoados como mellores pratos elaborados con castaña desta sétima edición.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí