Concurso de patrullas da Brilat no Camiño Portugués a Santiago
O concurso de patrullas da Brilat fai xa 20 anos. As probas que realizan os militaros ao longo do Camiño Portugués a Santiago están consideradas entre as máis duras de España. O seu principal obxectivo é poñer a proba as habilidades, a resistencia física e psicolóxica dos participantes.
Non hai tempo que perder e polo Camiño Portugués a Santiago deberán ir superando diferentes probas militares. Cargados con máis de sete quilos ao lombo, entre mochilas e armamento, percorrerán 120 quilómetros poñendo a proba as súas habilidades e resilencia nun Camiño que tamén reforza os seus lazos de unión.
A covid limitou a participación deste ano. Porén, nove patrullas sorprendían os peregrinos que esta mañá tamén camiñaban cara a Santiago, iso si, a un ritmo diferente.