CRTVG

Buscar

Concurso de hortas en Crecente, un certame para manter a unión en ausencia de vida social

Publicado o 09/08/2021 14:26

José Luis é de Teruel, vive en Vigo desde que se xubilou e grazas ao concurso puxo o horto da aldea a funcionar, e de que maneira.

25 hortas do Freixo participaron nun concurso nacido da necesidade de atopar algo que facer en comunidade en tempos de pandemia. Á parte dos premios, todos gañaron, a cambio, destreza co WhatsApp, un quefacer ilusionante e unha colleita fabulosa.

A flamante gañadora é a horta de Rosa, quen descoñece o segredo do seu éxito.

A covid privou esta parroquia da súa comparsa de Entroido e no campo atoparon un pasatempo, pero seguen devecendo por recuperar os seus costumes.

Noticias web

09/08/2021