CRTVG

Buscar

Conclúe a operación de rescate da fragata de Navantia sinistrada en Noruega

Publicado o 04/03/2019 11:33
Conclúe a operación de rescate da fragata de Navantia sinistrada en Noruega

As autoridades norueguesas finalizaron hoxe a reflotación e o traslado da fragata KNM Helge Ingstad, construída polo estaleiro Navantia en Ferrol e que en novembro chocou con un petroleiro nunha terminal preto de Bergen.

A fragata chegou preto da medianoite á base militar de Haakonsvern, cinco días despois do inicio dos traballos, inicialmente previstos para o mes pasado pero que foron aprazados varias veces polo mal tempo e pola complexidade da operación. Nela participaron 300 persoas e tivo un custo provisional de medio millón de coroas (uns 59.000 euros). A Armada norueguesa encargou aceiro para cubrir a fenda provocada polo accidente e que o obxectivo é que "en cinco ou seis semanas" poida navegar de novo

Noruega culpara a Navantia do afundimento da fragata por erros no deseño, unha versión que desmentiu o estaleiro, asegurando que o buque cumpría todas as condicións de hermetismo.

Noticias web

04/03/2019