CRTVG

Buscar

Conclúe a operación de corazón a don Xoán Carlos

Publicado o 24/08/2019 15:22
A operación de corazón á que se someteu o Rei Xoán Carlos no Hospital Universitario Quirón terminou pouco antes das 15.00 horas. Fontes do hospital aseguraron que a intervención cirúrxica "acaba de terminar", sen achegar ningún detalle máis. Unha vez finalizada a operación, está previsto que se informe dos detalles mediante un parte médico. De momento non se coñecen os  detalles da intervención, aínda que fontes médicas apuntan á implantación dun ou varios bypass. O encargado de dirixir a intervención foi o xefe de servizo de Cirurxía Cardíaca do hospital, Alberto Forteza, quen é á vez xefe do servizo de Cirurxía Cardiovascular do Hospital Porta de Hierro de Maxadahonda, en Madrid. Felipe VI e dona Sofía chegaron minutos antes das 13.00 horas ao hospital. O rei dixo aos xornalistas que a operación "está en marcha", antes de entrar ao hospital. Don Xoán Carlos, de 81 anos, ingresou onte á noite ao redor das 22.00 horas nas instalacións médicas. "Verédesme á saída", asegurou desde o vehículo ante as preguntas dos xornalistas. A intervención cirúrxica cardíaca ao rei emérito estaba programada desde o pasado mes de xuño.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí