CRTVG

Buscar

Concha Pichel, a avoa de Galicia, falece aos 110 anos no seu domicilio en Silleda

Publicado o 28/11/2018 22:05
Concha Pichel, a avoa de Galicia, falece aos 110 anos no seu domicilio en Silleda

A muller máis lonxeva de Galicia, Concepción Pichel Sampayo, coñecida cariñosamente polos seus veciños como a avoa de Galicia, faleceu na noite deste martes aos 110 anos de idade no seu domicilio de Silleda (Pontevedra).

Así o confirmaron fontes municipais, que trasladaron o seu pésame á familia de Concha de Vilar, que en maio deste ano celebrou os seus 110 anos como a muller máis lonxeva da comunidade, algo que lle outorgaba o apelativo cariñoso de avoa de Galicia.

Nada en Soutullo, na parroquia de Anseán, en Lalín, Concepción Pichel está a ser velada no tanatorio do Deza e o seu funeral será este xoves, ás 15,45 horas, na igrexa parroquial de Vilar, onde residía.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/11/2018