CRTVG

Buscar

Concha, a avoa de Silleda, fai 110 anos

Publicado o 11/05/2018 14:30

Concha Pichel, a señora Concha, como a coñecen todos os veciños de Vilar, en Silleda, fai hoxe 110 anos. É a segunda persoa máis lonxeva de Galicia e a número 14 de toda España.

Este aniversario merece unha festa especial. Os seus 7 fillos, e catro deles viven no estranxeiro, xuntaranse esta fin de semana, algo que non sucede dende hai máis de 20 anos. Tamén estarán os seus 11 netos e os seus 16 bisnetos. Concha leva uns días moi emocionada vendo como a casa se ía enchendo novamente e non deixa de agradecer que todos se lembren dela este 11 de maio. Non é a única centenaria que celebra estes días.

Noticias web

11/05/2018