CRTVG

Buscar

O sector dos espectáculos prepárase para retomar a actividade, asumindo as medidas anticovid

Publicado o 24/05/2021 14:13

Concertos e verbenas regresarán a Galicia no mes de xullo. Serán ao aire libre e con rexistro de asistentes.

O protocolo diferencia dúas tipoloxías de concertos segundo a afluencia de público. Nos espectáculos cun máximo de mil espectadores poderase estar de pé e bailar só con conviventes. Nos de maior ocupación haberá que estar sentado. O tope de público nos de gran formato será de 5.000 persoas, que terán que permanecer sentados e se situarán en grupos burbulla de mil personas.

Nas verbenas e romarías a ocupación será dun terzo das instalacións e os asistentes non poderán consumir nin comida nin bebida, pero si bailar con conviventes. En todos os casos terá que haber reserva de entradas, controis de acceso, distancias de seguridade, medidas hixiénico-sanitarias e uso de máscaras.

Noticias web

24/05/2021