CRTVG

Buscar

Concerto inclusivo para xordos na catedral de Ourense

Publicado o 09/02/2020 17:53

Emocionante concerto na catedral de Ourense. Un concerto ofrecido pola orquestra Praeludium, a Escolanía da Catedral de Santiago, e interpretado polo único coro de Galicia que fai música para persoas con discapacidades auditivas. Unha experiencia inesquecible para as persoas xordas que puideron gozar da música por vez primeira.

Non é silencio, é música. É a magnifica composición de Leonard Cohen adaptada á linguaxe de signos.

O Coro Música nas Miñas Mans, único no país, está formado por persoas con discapacidades auditivas e ointes que interpretan con signos os cánticos da escolanía da Catedral de Santiago e a música da orquestra praeludium.

Feliz e contenta de poder desfrutar da música. Así se amosaba esta espectadora xorda tras o emotivo concerto que puxo a catedral en pé.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2020