CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Concerto documental 'O regueiro'

Publicado o 05/10/2017 16:20

Hoxe mesmo L.A.R. Legido e Pilo Sierra contan de novo a historia de Chelo, a guerrilleira de Soulecín, no concerto documental 'O regueiro'. Será en Monforte de Lemos. Unha viaxe histórica e emocional.

Nesta performance videomusical ilústrase e rememórase a historia de Consuelo Rodríguez López, Chelo, guerrilleira e muller, a última supervivinte dunha familia duramente represaliada, co asasinato de seis de seus membros, nos anos da posguerra.

A ambientación sonora de L.A.R. Legido, na batería e obxetos musicais, a poesía e voz de Pilo Sierra e a proxección de audiovisuais dan forma a 'O regueiro'.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

05/10/2017