CRTVG

Buscar

O Mosteiro de Oseira acolle a xira "Lugares máxicos" de Carlos Núñez

Publicado o 28/07/2019 12:00

Por terceiro ano consecutivo o gaiteiro galego máis internacional, Carlos Núñez, ten a provincia de Ourense como a protagonista de catro dos 10 concertos da súa xira 'Lugares máxicos'. Unha proposta en que o músico fai un recorrido pola música tradiocinal galega dende a Idade Media ata a actualidade. E faino en lugares emblemáticos como o mosteiro de Oseira, onde está actuando agora mesmo. Un espectáculo único que visitará tamén o castelo de Monterrei, o mosteiro de San Salvador de Celanova ou a catedral de Mondoñedo. 

O 2 de agosto será o concerto no castelo de Monterrei e o 12 de agosto no mosteiro de Celanova e aínda hai entradas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/07/2019