CRTVG

Buscar

Concentracións ilegais á saída dos bares en Vilagarcía máis aló da unha da mañá para celebrar o San Roque

Publicado o 16/08/2021 15:30

"San Roque, San Roque!!! Por máis que sexa o día do patrón, a situación sanitaria de Vilagarcía, que está en nivel de risco alto, non permite celebrar as festas nin tampouco xuntanzas de grupos. Pero unha parte da mocidade arousá non estár polo labor de aceptar estas limitacións. "Este ano as festas están sendo moi malas; nada comparable con hai dous anos. O ano pasado non houbo nada, este ano podemos beber un pouco aquí, estar un pouco todos xuntos, pero a unha botannos a todos; nada, moi mal, a verdade." "Pero se a nosa familia está vacinada dis porque nós non podemos disfrutar", lamentan duas mozas que se resisten a marchar para a casa.

Esta noite foron moitos os que, unha vez que rematou o horario dos bares a unha da mañá, seguiron coa festa na rúa. "Se buscas saír e pasalo ben, pois tes que buscar outras alternativas", "Aquí en Vilagarcía pechan a unha, en Caldas pechan ás tres; ímonos á Caldas ata as tres", "Cada un...Eu levo mascarilla, pero hai moita xente que non a leva", din algúns dos mozos que se sumaron á festa.

A Policía local tentou disuadir aos mozos, pero en principio as suas chamadas de atención non tiveron moito eco. "Non pechan as praias e os parques porque son sitios seguros sempre que se respecte a distancia de seguridade e se poña a mascarilla e téñennos en calexóns esperando a que nos vaiamos", di un dos mozos.

Nos últimos anos o reclamo da Festa da auga fixo que as celebracións de San Roque de Vilargarcía resultaran especialmente atractivas para a xente nova. O ano pasado non se celebraron e este tampouco, pero é evidente que non todos estan dispostos a deixar e suspenso un ano máis a tradición.

Noticias web

16/08/2021