CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Concentracións en Galicia para pedir a liberdade de Andrés Bódalo

Publicado o 10/04/2016 14:51
O sindicato CUT convocou hoxe concentracións en Coruña, Vigo e Santiago para pedir a liberdade de Andrés Bódalo, tras o seu ingreso en prisión o pasado día 30.

O sindicalista andaluz foi condenado a tres anos e medio de cadea por agredir un edil socialista do concello de Jódar durante unha protesta de xornaleiros. Desde a CUT rexeitan este encarceramento e afirman que Bódalo foi condenado pola súa longa traxectoria de activismo sindical en prol dos traballadores andaluces.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí