CRTVG

Buscar

Bos días

Concentracións de repulsa polo asasinato machista en Barro

Publicado o 26/08/2014 09:10

A muller vai ser soterrada en Marín, a súa localidade natal

En Marín agardan a chegada do cadáver da última vítima de violencia machista en Galicia. A muller asasinada polo seu home en Barro era natural desta vila.

O corpo de Mónica Lorenzo chegará durante a mañá a este tanatorio de Marín, onde o velarán e recibirá as últimas homenaxes dos veciños da súa vila natal. Actos de recordo que tamén se celebrarán en Barro, onde terán moi presente a Mónica na concentración de repulsa polo crime e de apoio e agarimo á súa familia que se celebrará á unha da tarde ante a casa do concello. As concentracións repetiranse durante a xornada ante organismos públicos e nas principais vilas e cidades galegas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

26/08/2014