CRTVG

Buscar

Concentracións de repulsa en varias cidades galegas polo crime machista do Porriño

Publicado o 19/06/2018 21:00

En varias cidades galegas celebráronse concentracións para condenar o crime machista rexistrado no Porriño. Familiares, amigos e compañeiros mostraron a súa solidariedade cos fillos da muller asasinada polo seu home, que despois se suicidou.

Decenas de persoas gardaron un minuto de silencio diante do concello do Porriño. Entre os asistentes, a alcaldesa xunto a outros responsables políticos, que volveron reclamar máis medios para combater a a violencia machista desde os concellos.

"Temos que facelo entre todos, as leis non son suficentes hai que cambiar mentalidades".

A muller tiña 47 anos e o seu presunto asasino, 54. Eran pais de dous mozos. O maior foi o que descubriu os cadáveres no garaxe da vivenda. A vítima, Magdalena Moreira, recibiu tres disparos. Tomás Romero disparouse no peito.

A Garda Civil atopou unha carta do home onde confesaba o crime e lles pedía perdón aos fillos. A parella estaba a piques de asinar o divorcio e xa non convivía. Todo parece indicar que o home esperou a muller na casa para matala e despois suicidarse coa escopeta de caza para a que tiña licenza. Non constan denuncias previas por malos tratos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2018