Concentracións de repulsa
Publicado o 03/01/2019 20:20
Os veciños de Laredo secundaron masivamente a concentración de repulsa por este crime que se celebrou ás portas da casa do concello. Tras unha pancarta en que se lía: "Contra o terrorismo machista, loita feminista", a xente gardou un minuto de silencio en memoria de Rebeca. Na concentración estivo o presidente de Cantabria e representantes de todos os partidos políticos. O acto terminou cun longo aplauso en homenaxe a esta vítima da violencia de xénero. Concentracións semellantes repetíronse noutras localidades de España.