CRTVG

Buscar

Concentracións de mozos ou 'botellóns': a policía de Pontevedra discrepa do que denuncian os veciños

Publicado o 14/09/2021 15:31

Comezan a xuntarse en pequenos grupos á tardiña e de madrugada xa son centos os mozos que montan escándalo entre as rúas do Padre Luís e Laranxo. Así o denuncian os veciños.

"Cantando, bailando, esta fin de semana serían máis de 500, 600 rapaces aquí e entón claro iso molesta moito, non podemos descansar, non podo nin escoitar a tele na miña propia casa", conta unha veciña afectada.

"Cincocentos ben, si, veñen todos para aí, poñen altofalantes, música, deixan a rúa dálles igual. Á maioría velos con botellas de auga, pero non teñen auga porque nós iso vímolo, baleiran as botellas e énchenas supoñemos que con alcol, claro, pero ben a policía sabe de sobra porque chamamos continuamente", fala outra

A Policía Local fala de concentracións pero discrepa de que nesta zona se celebren botellóns.

"Vemos rapaces que están falando entre eles, pero que non están facendo botellón que é outra cousa ben distinta que é beber na vía pública que está prohibido. Tanto é así que a policía non observa, nin sequera restos de botellón unha vez que os rapaces se dispersan, coa chegada da policía non e por tanto non temos constancia de que se estea facendo botellón, pero si é certo que hai altas concentracións de xente nova en diversos puntos da cidade a partir das 3 da mañá, non está prohibido e por parte nosa o único que temos que facer é que se manteñan as distancias de seguridade e que se cumpran as normas covid ", discrepa Manolo Omil, voceiro da Policía Local de Pontevedra.

Noticias web

14/09/2021