CRTVG

Buscar

Concentracións de apoio ás protestas de Cuba na Coruña e en Madrid

Publicado o 12/07/2021 21:39

En Madrid, diante do Congreso dos Deputados, celebrouse esta tarde unha concentración de apoio ás protestas de Cuba. Unhas imaxes que tamén se repetiron en Galicia, cunha manifestación na Coruña. Nela pedíronlle ao goberno de Díaz Canel que cese a represión contra os manifestantes e tamén pediron axuda para a crise económica e sanitaria que vive a illa. "Estamos apoiando os nosos irmáns para que se acabe a miseria no noso país. Necesitamos medicamentos, comida para os nosos irmáns e aquí estamos hoxe reunidos para protestar, para axudar o noso pobo, para que non lle fagan dano o noso pobo", di Mileydis Tomás, cubana que vive en Galicia.

Noticias web

12/07/2021