CRTVG

Buscar

O investigado polo crime de Salceda defende a súa inocencia e desexa que apareza o culpable

Publicado o 24/06/2019 11:09

O alemán que pasou dez días no cárcere polo crime de Salceda falou hoxe coa Televisión de Galicia. Di que é inocente e que desexa que apareza axiña o culpable. Jürgen Karau fixo estas declaracións antes dunha concentración para apoialo nunha céntrica praza da vila. 

Preto de sesenta persoas participaron este mediodía nunha concentración de apoio a Jürgen Wilfried Karau, o mozo alemán que estivo dez días no cárcere tras ser detido pola Garda Civil pola súa presunta participación no crime de Salceda en que morreu Soufian Mraha.

O xulgado mixto número un do Porriño decidiu poñelo en liberdade por un posible erro de identificación este luns. Jürgen atendeu a TVG minutos antes de participar nunha concentración para que apareza o culpable. O mozo coñecido en Salceda como o alemán reiterou a súa inocencia e ás súas ganas de normalizar a súa vida.

Jürgen tamén apuntou que foi un mal trago verse detido despois de traballar o sábado en que morreu Soufian. Polo momento non transcenderon avances na investigación e Jürgen ten que comparecer no xulgado cada quince días porque continúa como investigado.

 

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019