CRTVG

Buscar

Concentración no Parlamento galego e na Xunta para condenar os crimes

Publicado o 11/03/2019 21:17

No Parlamento de Galicia tamén quixeron mostrar esta mañá a súa condena aos crimes machistas. Todos os membros da Mesa do Parlamento, deputados de todos os grupos e funcionarios da Cámara e do Valedor do Pobo concentráronse en silencio para mostrar a súa condena e o seu pesar.

Tamén o Goberno galego mostra a súa "enérxica condena" aos últimos asasinatos por violencia machista. A media mañá concentráronse en San Caetano en repulsa dos crimes cometidos en Valga e Madrid. Gardaron un minuto de silencio en solidariedade coas vítimas e as súas familias. A Xunta anima as persoas que sexan vítimas de malos tratos a denunciar. Lembra que teñen o teléfono 016, que é de balde e non deixa pegada na factura telefónica.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/03/2019