CRTVG

Buscar

Concentración no IES de Valga contra a violencia machista

Publicado o 17/09/2019 14:53

Alumnos e profesores do instituto de Valga concentrátonse este mediodía para condenar a violencia machista. Quixeron reiterar así o compromiso desta comunidade educativa de seguir traballando por unha igualdade real na sociedade e a erradicación de calquera violencia contra as mulleres.

No instituto lembran que Alba Boquete Jamardo era ex-alumna e traballaba de logopeda axudando os alumnos que a necesitaban. Antes de gardar un minuto de silencio, tres alumnos leron uns textos breves.

Repulsa en Valga e en toda Galicia. Este martes están convocadas concentracións de condena da violencia machista en moitas localidades. No Parlamento de Galicia interromperon a actividade ás doce da mañá para gardar un minuto de silencio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2019