CRTVG

Buscar

Concentración na Coruña en contra da monarquía e para apoiar a república

Publicado o 21/11/2020 21:05

Coincidindo co 45 aniversario da proclamación de Xoán Carlos I como rei, celebrouse na Coruña unha concentración en contra da monarquía.

Os participantes, convocados pola Plataforma pola República, reivindicaron o "dereito a decidir" nun referendo sobre a forma do Estado. A protesta, serviu tamén para esixir que se investiguen todo os ingresos da familia real.

Durante a lectura do manifesto tamén houbo críticas ao Goberno por facilitar a marcha de do rei emérito aos Emiratos Árabes.

 

Noticias web

21/11/2020