CRTVG

Buscar

Concentración na Coruña contra as casas de apostas

Publicado o 06/10/2019 19:44

O fútbol é unha das principais modalidades de apostas deportivas. Por iso, a concentración convocouse a escasos metros do estadio de Riazor, durante a previa do partido entre o Deportivo e o Almería. Hai varios colectivos sociais e veciñais detrás desta protesta. Denuncian que as salas de apostas multiplícanse nos barrios ao tempo que aumenta o xogo en Internet.

Piden a ilegalización destes negocios e alertan sobre o incremento dos casos de ludomanía, especialmente preocupante entre a poboación nova. Reclaman un ocio alternativo e lamentan tamén o bombardeo publicitario de anuncios que incitan ao xogo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/10/2019