CRTVG

Buscar

Concentración contra a violencia machista tras o asasinato de Mónica Marcos

Publicado o 18/09/2021 22:59
Concentración contra a violencia machista tras o asasinato de Mónica Marcos

Máis de 200 persoas concentráronse este sábado na Coruña para expresar a súa repulsa e condena da violencia machista. O feminismo galego convocou este acto para denunciar o asasinato de Mónica Marcos, de 52 anos, a primeira vítima desta lacra en Galicia no que vai de ano.

Ante dúas grandes pancartas en que se podía ler "Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres" e "Contra as violencias machistas", as persoas asistentes permaneceron nun escrupuloso silencio, a modo de dó.