CRTVG

Buscar

Concentración multitudinaria en París contra o terrorismo islámico

Publicado o 18/10/2020 21:04

Milleiros de franceses concentráronse este domingo por todo o país para rexeitar o terrorismo islámico tras a decapitación dun profesor de secundaria que amosara caricaturas de Mahoma nunha clase sobre liberdade de expresión.

Case seis anos despois do "Je suis Charlie", Francia repetiu hoxe un berro semellante:"Je suis prof". As concentracións foron convocadas por organizacións antirracistas e pacifistas, e apoiada por Charlie Hebdo, para render homenaxe a Samuel Paty, o mestre de 47 anos que foi decapitado por un refuxiado checheno de 18 anos, abatido pouco despois pola policía.

O acto principal da homenaxe tivo lugar na Praza da República de París. En relación a este caso, hoxe aumentaba o número de detidos a once, tras o arresto dun amigo do autor do crime. Entre os detidos tamén está o pai dunha alumna do profesor, que publicara dous vídeos en redes sociais criticando o docente e ofrecendo datos persoais da vítima.

Noticias web

18/10/2020