Concentración en Pontevedra para defender o Servizo Galego de Saúde
Publicado o 17/10/2020 14:56
A Coordinadora española Antiprivatización da Sanidade, CAS, sumouse hoxe á concentración de varios sindicatos en Pontevedra para defender o Servizo Galego de Saúde.
Comisións de Base, PROSAGAP, a CGT e , a organización de pensionistas Modepen piden que non se privaticen determinados servizos porque de ser así o SERGAS acabará desmantelado e os cidadáns terán que facer uso de seguros privados. Alertan de que a nova ola de coronavirus xa está afectando á presión hospitalaria en Galicia.