CRTVG

Buscar

Concentración en contra da prisión preventiva do presunto homicida de Salceda

Publicado o 16/06/2019 20:00

Unha semana despois do acoitelamento e morte de Soufian Mraha, de 24 anos, os amigos e familiares do suposto homicida concentráronse en Salceda de Caselas. Máis de 150 persoas gardaron primeiro un minuto de silencio pola vítima para, a continuación, alzar a voz contra o encarceramento preventivo de Jurgen Wilfried, o alemán, que continúa no penal da Lama. O xuíz que instrúe a causa decretou para el prisión provisional mentres se practican novas dilixencias na investigación.

Christian Domínguez, voceiro dos amigos e familia de Jurgen Wilfried: "Estamos aquí reunidos porque confiamos na inocencia del, non coñecemos ninguén que o vise a noite do crime, e aquí na vila coñecémonos todos. Foi moi rápido todo. Cremos na súa inocencia, porque o coñecemos ben, e a ver se hai algún avance. Sabemos que a policía está movéndose e a ver se temos algunha nova. A ver se hai xustiza, tanto para unha familia como para outra familia. Iso é o que queremos".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/06/2019