CRTVG

Buscar

Concentración en Alacante para rexeitar a violación dunha moza en Noitevella

Publicado o 07/01/2019 16:43

Centos de persoas concentráronse na localidade alacantina de Callosa d'en Sarrià para rexeitar a suposta violación en grupo sufrida por unha moza de 19 anos durante a Noitevella.

A concentración, convocada polo concello co lema "Callosa contra as agresións machistas", pretende evidenciar a solidariedade dos veciños coa vítima.

Os catro supostos agresores continúan en prisión provisional sen fianza, mentres a Garda Civil segue traballando para esclarecer os feitos.

O investigadores revisan os dispositivos móbiles dos catro homes por se conteñen gravacións doutros acosos en grupo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2019