CRTVG

Buscar

Concentración en Almonte polo pai e filla asasinados hai cinco anos para pedir "cordura"

Publicado o 07/04/2018 21:31

En abril do 2013, na localidade onubense de Almonte, unha nena de oito anos e o seu pai foron asasinados con máis de 150 coiteladas. Hoxe, cinco anos máis tarde, os seus familiares concentráronse pedíndolle á xustiza que ese crime non quede impune.Na concentración estiveron acompañados por outros familiares de vítimas de asasinatos, coma Ruth Ortiz, Juan José Cortés ou os familiares de Marta del Castillo, entre outros.No crime de Almonte xulgouse á ex-parella da nai, pero o xulgado popular considerouno non culpable.

Noticias web

07/04/2018