CRTVG

Buscar

Concentración dos traballadores de Alu Ibérica para esixirlle ao Goberno a intervención da compañía

Publicado o 04/07/2020 14:27

Non conseguiron falar con Pedro Sánchez, nin sequera puideron velo, pero os traballadores de Alu Ibérica levaron as súas reinvidicacións ás portas do pavillón que acolleu o acto electoral socialista. Si conversaron coa alcaldesa da Coruña e coa subdelegada do Goberno. Entregáronlles unha carta dirixida ao presidente do Goberno que recolle as súas demandas, a principal: a intervención urxente da compañía.

Reiteraron que o Grupo Riesgo debe as cotizacións do mes de abril. O comité de empresa pide que se reúna canto antes a mesa técnica de Industria para buscar unha saída á situación de Alu Ibérica.

Noticias web

04/07/2020