Persoal do hospital Álvaro Cunqueiro vovlen protestar para pedir mellores condicións de traballo
Publicado o 22/06/2020 15:29
A Xunta de Persoal da área Sanitaria de Vigo convocou hoxe unha concentración no hospital Álvaro Cunqueiro.
É a primeira das tres que protagonizarán esta semana para reclamar un aumento do cadro de persoal que permita dedicar un tempo mínimo aos pacientes, que se acabe coas listas de espera nos hospitais e contratos dignos para evitar a emigración de profesionais sanitarios. Estas mobilizacións veñen a substituír ás do 17 de marzo anuladas polo estado de alarma.