CRTVG

Buscar

Concentración de repulsa pola agresión a unha muller en Vitoria

Publicado o 26/10/2021 08:30
Concentración de repulsa pola agresión a unha muller en Vitoria

Decenas de persoas participaron na concentración de repulsa pola agresión sufrida por unha muller en Vitoria. A concentración, convocada polos veciños da vítima, celebrouse na mesma zona onde ocorreu a agresión.

A muller recibiu unha brutal malleira por parte de varias persoas este domingo cando regresaba á súa casa. O concello vitoriano activou o protocolo contra a violencia machista e a Ertzaintza trata de identificar os agresores, pero polo momento non hai detidos.

Noticias web

26/10/2021