Concentración de familiares e amigos dos mozos mortos en Palmeira contra a liberdade provisional da condutora
Publicado o 14/06/2019 15:18
Amigos e familiares dos dous mozos falecidos no accidente do 4 de maio pasado en Palmeira concéntranse esta tarde en Ribeira en contra da decisión do xuíz de manter en liberdade a condutora que provocou o sinistro.
A acusación particular tamén prevé recorrer a orde do maxistrado e pedirá prisión provisional para a muller, que conducía baixo os efectos do alcol e as drogas no momento da colisión. Testemuñas do suceso sosteñen, ademais, que o seu vehículo circulaba de xeito temerario e a unha velocidade moi por riba do límite permitido.